Vudú. Volume III

"O noso camiño está cheo de gratificacións. É a resposta do público á paixón polo que facemos" (Belém Tajes)

 

Belém Tajes concedeu outra entrevista ao Grandes Vozes. Desta vez para presentar o novo disco, Vudú Volume III, en conversa con Edilson Sanches Tavares.

A primeira das novidades é o propio nome do grupo, Vudú,  con grafía mudada; “máis simple e máis elegante”, en palabras de Edilson Sanches. A segunda sopresa é que Belém e Martitxinha abren camiño, amplían o que facían antes. Desta vez reúnen tamén pinceladas de pop, de rap e mesmo doutros estilos que antes non contemplaban. e conseguiron grazas á creatividade propia e ás contribucións do  saxofonista Nata Estévez,  do baterista Adrián Seixas e  do produtor Nicolás Vieites.

O disco, con deseño de Antonio Seixas, artista das terras de Ferrol, está á venda na Gentalha do Pichel e na libraría Lila de Lilith, en Compostela; na Cova Céltica, na Coruña; e na Fábrica de Sons -Escola de Música, de Lugo. Obviamente, tamén está disponíbel na venda directa a través das redes sociais e nas diversas plataformas dixitais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*