O Pop emerxente nas “Cancións clínicas” dos Chicharrón

Rubén Domínguez falounos da evolución da banda, protagonista doutro feliz "Arredor de si"


O programa nº 107 encamiñouse en dirección a Carballo para conversar cos Chicharrón. Ao son da poesía da escritora Antía Otero musicada pola banda bergantiñá, chegamos a destino e Edilson S. Tavares comezou a súa serie de preguntas. A primeira sobre o propio nome: por que Chicharrón?  Rubén Domínguez explicou que o nome partiu de Alberto Gende, un “grande deseñador gráfico, un grande pintor e un grande amigo”, unha persoa con enorme influencia na estética da banda.

Realmente Chicharrón naceu das cinzas dunha banda anterior. Había músicas feitas e só faltaba quen as interpretase. Alberto Vecino (letrista, compositor e “alma mater” do grupo) tomou a iniciativa de darlles vida e entrou en sintonía con Diego Gende (guitarrista) e co Rubén Domínguez para que fixese a produción. De aí a entrar no estudio de Tomás Ageitos en Santiago de Compostela o camiño foi curto. Despois para os directos de presentación do disco incorporáronse Mar Catarina (voces e coros) e o baterista Xurxo. Xa conxuntados, foron facendo a composición e os arranxos de dous discos máis: Postal e Cancións Clínicas.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*