O título do espectáculo é A Casa do Terror (Ed. Galaxia). É un traballo d’A Banda do Verán, un proxecto capitaneado por Xoán Curiel. Nesta ocasión, a festa conta cunha base moi sólida: un libro-disco que acompaña os artistas no percorrido polas vilas e cidades do país.
Con Xoán Curiel falamos do espectáculo, do público a que está dirixido e dos diferentes estilos das músicas que interpretan. Aproveitamos tamén para coñecer as persoas implicadas en tan feliz iniciativa e así falamos de Iria Fafián, de Alfonso Camarero e o seu Gourmet Sound… e mesmo da historia dunha carriña moi viaxeira.