P87 – Pochyua Andrade

Esta semana, o Grandes Voces viaxou unha vez máis para esas terras pernambucanas que tanto nos deleitan. O músico e escritor Pochyua Andrade, un dos artistas máis polifacéticos entre os 87 que xa pasaron polo noso programa, estaba á nosa espera para falar connosco sobre os ritmos do Nordeste que impregnam a súa música. Quen ouve, ve e le o traballo do Pochyua non pode evitar admirar como frecuentemente a música, a literatura e as artes escénicas se funden nun continuo onde non existe un límite definido. A obra do cantante brasileiro está destinada a todos os públicos: desde os amantes dos ritmos tradicionais até aqueles que lles gustan os traballos máis experimentais e persoais (Pochyua), sen esquecer o público infantil, o público albo dunha gran parte do seu traballo literario e musical (Para rodar para durmir e Evaristo a Cotia). Máis unha vez, convidámoste a acompañarnos nesta viaxe a través da palabra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*