Filipe contábanos que neste sábado, día 12 de maio, estaría a actuar en conxunto co dúo galego VooDoo na cidade de Lisboa, celebrando o día das letras galegas no Centro InterCulturaCidade cun grande abrazo a través das palabras. Desta maneira, a mellor música africana e galega reuniuse sobre o palco.
Perante un público absorto pola voz de Belém Tajes, o baixo de Maritxinha e a voz e guitarra de Filipe Santo, os artistas anunciaron a súa vontade de que desa noite xurdise un novo proxecto en común.
Filipe Santo estivo en Burela hai algúns anos, unha experiencia da cal garda moi gratas lembranzas e que gostaría de repetir. Desde o Grandes Voces animámolo a voltar e a pasar polo noso estudio. Entre tanto non perdan esta nova entrevista de Marco Pereira e Edilson Sanches.