“Foi unha experiencia novidosa (…) cunha música que non era exactamente comercial. Foi un orgullo poder facer o que che gusta”. Alberto Prado fala de cando comezaron co proxecto de Alma Latina, aló polo 2003.
Os seus seis membros actuais están sempre ao día das novidades musicais, para levar o mellor ás verbenas. Por que deberían apostar por eles? Destacan os temas galegos que tentan defender aló onde van.
A traxectoria del comezara moito antes, e xa se fora consolidando no grupo Nordés, onde tocaba a frauta traveseira, a gaita e o saxofón.
Un mundo cheo de notas musicais; unha vida chea de melodía… Que nos achegou na entrevista desta edición do Grandes Voces!