ÁLEX MILLET, AO SON DOS RUMOROSOS

O Grandes Vozes viaxou a Ribeira para coñecer Alex Millet, cantor e compositor. Desde que publicou o seu primeiro disco con 17 anos non deixa de nos sorprender e aínda promete máis (cando a pandemia o permita). Aquí está unha nova entrega do programa dirixido e locutado por Marco Pereira.

ALZAREI

Que ninguén nos diga como pensar
Que ninguén nos diga como falar
Que ninguén nos diga como chorar
Que ninguén nos diga “Non”

Non coñecen a morriña
Non coñecen o fogar
Os invernos na lareira
Os veráns xunto ao mar

Nunca viron as estrelas
Nin o sol bicando o mar
Non renegues de como es

Alzarei a bandeira azul e branca
Ao son dos Rumorosos cantarei
Chorarei pola terra que nos une
P’ra que así, por fin poidas ver

Alzarei a bandeira azul e branca
O Albariño probarei con Breogán
Bailarei ao son dunha Muiñeira
P’ra que así por fin poidas ver
Quen es.

Hoxe dasme un “sí”, mañá un “non”
Eu dou un “depende” e quedo mellor
De repente miras e ves en min
Un rostro que quere dicír:

Non coñecen a morriña
Non coñecen o fogar
Os invernos na lareira
Os veráns xunto ao mar

Nunca viron as estrelas
Nin o sol bicando o mar
Non renegues de como es

Un artista de Aguiño, que comezou na música a través da cultura popular. Neste caso, a través da Rondalla da súa localidade. Na entrevista fálanos das orixes do apelido Millet, que sitúa nun integrante das tropas de Napoleón, que foi moi intelixente: abandonou a guerra e abrazou a paz nesta terra galega. Sen tomar descanso, deixamos o lado francés para coñecermos a súa relación com Eugenio Romualdo Padín García (1853-1936), o Cego de Padrenda, devanceiro do noso artista.

Na Rondalla debutou como director e preparou espectáculos de todo tipo, de música popular e de bandas sonoras de películas -mesmo editamos un disco- e colaborou con músicos profesionais. En 2020, avanzou un paso máis e formou a súa propia orquestra, a Orquestra Sons.

Deixe um comentário

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *

*