P66 – Baiuca: electrónica e tradición en simbiose

 

 
O panorama musical galego está a ferver e, como xa é habitual no noso programa, esta semana quixemos presentarlles un dos novos proxectos que vai deixar marca. Baiuca nace co obxectivo de demostrarnos que a tradición e a música electrónica non só non son incompatíbeis, senón que forman un par perfecto.
 
Alejandro Guillán atendeu a nosa chamada para presentarnos Faiado, a súa primeira mixtape, con temas que xuntan a vangarda coa música de raíz galega. Sintetizadores e caixas de ritmos conviven con pandeiros e pandeiretas, unha mistura realmente especial.
 
O primeiro disco de Baiuca está previsto para este ano e presentarase en abril, no festival Melona Fest. Alén de Alejandro, participa no proxecto Adrián Canoura, responsábel do traballo audiovisual. Este videoartista burelao non só colabora na producir dos videoclips, senón que participa igualmente no disco e ao vivo.
 
Permanezan atentos aos vosos aparellos de radio, porque os nosos locutores van mantervos informados sobre a evolución destes artistas.
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*