Programa 52: Ico, de O Sonoro Maxín

O Sonoro Maxín naceu hai dez anos en Ourense, xuntando os músicos de Lamatumbá e Cinnamon Gun. Agora lanzan novo disco, pensando en todos os detalles: o sete e o dezasete son os días de feira na cidade das Burgas. Marabillosa coincidencia de números sete na súa traxectoria, que souberon aproveitar para titular o novo traballo: Se7edezase7e!
 
Abraham, Cristina Asenjo, Jaime Mateo, Xurxo Brea e Ico comezaron xa coa presentación destas novas cancións, ás que quixeron darlles unha volta nova. E irán agora a Bueu, Pontevedra, Vilar de Santos, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Melide, e unha longa lista de cidades para escoitar en directo a estes artistas.
 
Poderedes atopar o disco nas tendas ou nos concertos desta banda; poderedes atopar tamén moito sentimento neste Deixe Falar do Grandes Voces do Noso Mundo, que aquí vos deixamos!
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Scroll Up