Programa 50: Lilí dos Toxos

Andrea Méndez Álvarez tomou no 2008 ese nome de Lilí dos Toxos. Unha orixinal idea na que probablemente tivo moita influencia ese tempo compartido con Xabier Cordal como mestre de aulas e de vida.
 
Criada entre Ribadeo e a Terra Chá, dedicou gran parte do seu tempo a reforzar a súa parte artística, coa música e o teatro, tamén en Compostela. Participou no Luar, marchou a Londres para loitar polo seu soño, participou tamén no Britain’s got talent… E gañou o “Voces con talento”, que colabora con La Voz. Proximamente volveremos vela nas nosas pantallas, mais polo momento, aquí vai esta entrevista feita a tres voces!
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*