ALBA FERNÁNDEZ – SALA “A SACABEIRA” (SARGADELOS)

Este Deixe Falar singular foi gravado no palco dunha desas salas que ofrecen músicas ao vivo. É a Sacabeira, na Mariña do Cantábrico, á beira do río Xunco -na localidade de Sargadelos- e só uns minutos de Viveiro, de Burela ou de San Cibrao.
Un deses lugares emblemáticos da música ao vivo, como a Arca da Noe en Vilar de Santos; o Gatos en Melide ou o Buril en Sarria.

Aínda que en 2022 organizou 26 concertos, a Sacabeira é moito máis que unha sala. É un lugar de tertulia e unha sala de exposicións. E dispón dunha cociña onde se prepara a lume lento un caldiño galego para acompañar unha cervexa orixinal.

Leo de Matamá con asistentes ao concerto a celebrar na Sacabeira.
De esquerda a dereita: Ismael Romero, Laura Ramos, Leo, Carme Cociña e Isaac Ribeiro.
A través deste vídeo do primeiro aniversario da Sacabeira xa se podían adiantar as características da súa excelente programación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*