COLAXE TOUR, de DAKIDARRIA

Neste episodio o Deixe falar muda de estilo. Se na semana pasada facíamos a descuberta do SEXTETO VOCAL SONdeNós, agora limítamonos a dar a coñecer un novo traballo discográfico. A banda, DAKiDARRIA xa ten soado en moitos dos case tres centenares de programas que levamos emitido.

Gabriel Reigosa Centelles, “Gabri”, concedeunos a entrevista por dous motivos: porque Dakidarría cumpre 18 anos e porque acaba de chegar o seu sétimo traballo discográfico: Colaxe.
A través da conversa, coñecemos os nove integrantes da banda, sabemos cal é a esencia que permaneceu ao longo de todo este tempo, fixemos un repaso polos discos anteriores e -sobre todo- preparámonos para participar no COLAXE TOUR.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*