Programa 49: Graciela Pereira

Graciela Pereira - O dia que me queiras

Música galega desde Buenos Aires: ese é o resumo da conversa desta semana. Tangos feitos en galego por Graciela Pereira, unha artista a quen as súas orixes galegas, italianas e francesas dotaron dunha interculturalidade que non deixa de medrar con cada novo proxecto.
 
Foi o seu avó lalinense quen lle transmitiu todo o sentimento pola nosa cultura, así que naturalmente naceu nela un vínculo coa Galiza que aumentou grazas ao Centro Galego. Despois do seu paso polo Conservatorio Nacional e tras recibir formación teatral e escenográfica, dedicouse ao canto nos coros do Centro Galego e do Centro Lucense, que combinou coa profesión de mestra de educación especial.
 
Unha bonita historia, protagonizada por unha familia emigrada que nunca quebrou os lazos coa nosa terra. Convidada queda a vir visitarnos, Graciela. E convidados vostedes a escoitar esta marabilla de entrevista.
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*