Fernando Casal Neira -Pub GATOS (MELIDE)

O Gatos, de Melide, é un local de música ao vivo con máis de trinta anos de traxectoria. Definido como “Algo Bo”, a xente entendida afirma que “unha velada no Gatos é difícil de esquecer”. O que non se esquecerá é o ciclo de concertos que está celebrando neste momento e que abriu no mes pasado coa Cuarta Xusta

No mesmo cartaz aparecen as convocatorias para outras festas en que participan ITH, Iria Estévez, Monoulious Dop, Ruxe Ruxe, Nuada, Zénzar, Fillos do Estramonio… e ainda mais! Todo isto só para dous meses e con entradas a cinco euros.

O Nani -Fernando Casal Neira- asegurounos que a oferta é real e incluso nos máis 30 anos de historia deste local que organiza unha media de dous concertos cada semana. Nesta conversa tamén nos falou da CLUBTURA  -a Asociación Profesional de Salas de Música de Galicia-, da ACCES -a coordinadora estatal- e da LIVE DMA, a asociación internacional con presenza en 17 países.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Scroll Up