José Manuel ALDEA – CULTURGAL

Culturgal é síntese de dúas palabras: Cultura Galega. Esa é a temática da Feira que se celebra na cidade de Ponte Vedra, nesta ocasión entre os días 26 e 28 de novembro.

Para coñecermos en panorámica a história desta magna exposición interactiva e a súa variada oferta, no Deixe falar mantivemos conversa con José Manuel Aldea Moscoso, motor da iniciativa. A primeira cuestión foi a do xénero: o Culturgal ou a Culturgal? A resposta foi moi gratificante, por significativa (non só para temas relacionados coa feira). A seguir, o entrevistado ofreceunos unha visión resumida dos doce anos de historia deste foro e mostrounos como é a estrutura organizativa.

Na segunda parte da conversa, centrámonos na música e na edición deste ano 2021, unha edición convocada sob o lema “A cultura que toca”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*