MONOULIOUS DOP

Chámanse Monoulious DOP. Comezaron xuntos con rock virtual e, por iniciativa popular, saíron da borbulla e chegaron “ao vivo”. Dentro de moi pouco celebran o décimo aniversário e nós quixemos lembrar a efeméride e comezamos o programa recitando aquilo de “Parabéns para vós, nesta data querida// Muita felicidade, muitos anos de vida”.

Durante o proceso de documentación, coñecémolos como: 1) “Dueto Gallaeciano respaldado por unha banda de músicos reputadísimos!”; 2) “kamikazes audiovisuais”; 3) e “uns actores/actrices fetiches de primeiro nivel”. 

Antes de desenvolvermos cada unha desas características tan importantes, comezamos polo fundamental: a explicación do nome. Agora xa temos claro cal é a orixe de Monoulious DOP.

Avanzamos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*