SOFIA ESPIÑEIRA NON TEN MEDO E PREPARA NOVO DISCO

Abríamos o Deixe falar desta semana cunha canción cantada a varias vozes que proclamaban a coro: “Somos remuíño de son,/ un mesmo camiño/ unha mesma voz/ Somos alento do mar”. Esas voces correspondían aos Jinetes del Trópico -que se estrearon- e as xa coñecidas de Belém Tajes e Sofia Espiñeira, que xa nos acompañaran antes no Deixe Falar e que nos acompañan frecuentemente na selección musical do programa.

Nesta ocasión, a protagonista da conversa foi de novo Sofía Espiñeira. Unha Sofia Espiñeira que nos atendía en marzo de 2017, no momento en que lanzaba o seu primeiro disco (Alá onde agroman as herbas) e que agora nos falou da experiencia compartida na gravación do “Remuíño de son“, da estrea en formato trío nas Festas de Mugardos, da próxima participación (12 de setembro) no festival Revenidas, en Vila-Xoán de Arousa; e dos traballos preparatorios para o seu segundo disco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*