Programa 48: María Dolores Otero

 
Nesta edición do Grandes Voces do Noso Mundo tocou falar de didáctica e formación musical coa profesora María Dolores Otero. Nada en Viveiro, estudou nos conservatorios de Viveiro e Santiago de Compostela, compaxinando os estudos musicais coa licenciatura de Bioloxía, disciplina en que é doutora.
 
Dende os oito anos, cando tivo o primeiro contacto co solfexo, comezou a súa relación inseparable coa música. Esta dedicación tivo o seu grao máximo de dificultade na súa etapa universitaria, ao combinar ambos estudos.
 
Actualmente, sente que hai que apostar pola música e realizar unha reforma no seu ensino. Neste sentido, afirma que está desamparada na educación obrigatoria, xusto cando temos os mellores músicos.
 
Todo isto, e moito máis, foi o que nos contou na entrevista desta semana!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*