OSA DO MAR

Nesta nova entrega do Grandes Vozes presentamos a Asociación Fanto Fantini e o Festival Osa do Mar: unha asociación de nome italiano que ten o seu ámbito de traballo no centro xeográfico da Mariña do Cantábrico galego; e un festival que chega agora á sétima edición, en novo formato. Abandona momentaneamente os campos e as prazas e pasa a celebrarse nun interior e en dous momentos diferentes: un agora neste próximo 16 de maio e outro nos días 24 e 25 de setembro.

Marcos Reimunde Figueira explícanos quen foi Fanto Fantini, cal era o perfil dos participantes na asociación e con que metas foi fundada. A seguir, falounos do OSA do MAR, da primeira edición e da evolución nas seguintes. Finalmente, fíxonos partícipes do programa deste ano 2021, con Antía Muíño e Nuno Pico (Grande Amore) no cartaz.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*