SOCORRO LIRA

Programa 28

A cantora brasileira Socorro Lira está de xira por Europa. Estivo en Bélxica e en Francia. Mañá estará tamén en Compostela, antes de pasar para Lisboa e Évora.
Socorro é unha das grandes voces da música brasileira e chega a Galiza para compartir co público galego o seu traballo musical.
Os seus compromisos político e social fixérona merecedora do “Prêmio Europa 98”, e a súa humanidade mostrouse ben patente na conversa con Marco e Karina, onde falaron desta actuación, na que presenta “Amazônia”, e tamén da especial compañía que terá sobre o escenario.

Carlos Blanco, Uxía Senlle, Socorro Lira e Sérgio Tannus

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*