aRi(t)mar

O profesor Gonzalo Constenla, director da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, é un dos integrantes do comité organizador do aRi(t)mar, o certame de poesía e música que promove o diálogo cultural entre Galiza e Portugal. Neste programa, conversamos con el durante uns 15 minutos. Clica aquí e coñece mellor esta fantástica iniciativa que chega agora á quinta edición.

“Comezamos en 2016. Foi crecendo aos poucos… e agora xa se conveteu nun referente, non só a gala final, tamén todo o desenvolvimento do proceso pedagóxico. Na primeira edición, da parte galega os premios foran para Xabier Díaz, na música, e María do Cebreiro, na poesía. Da parte portuguesa, Capicua (a rapeira do Porto) e, en poesía, José Ricardo Nunes”. Así nos comentaba Gonzalo Constenla como foi o início do certame.

O porta-voz do comité organizador convidou a nosa audiencia a participar comodamente desde a casa. Deunos a coñecer o portal de participación e animounos a escoitar atentamente antes de proceder á votación.

Nesta ocasión, pola parte galega optan ao premio:

1) Ataque Escampe, con- O que pode un corpo

2) Baiuca, con Carlangas – Fisterra

3) Davide Salvado, con Aire

4) García Mc & Nación Quilombo, con O Espello

5) Guadi Galego, coa Balada de Verán

6)MJ Pérez, con Mariluz

7) Najla Shami, con Taboada

8) Narci Rodríguez, con dA Trío e García M.C, con Decide!

9) Sabela, con Despedida

10) Terbutalina, coa Muinheira de Costa

As músicas de Portugal están representadas por:

1) Ana Bacalhau , con O Erro Mais Bonito

2) António Zambujo, con Catavento Da Sé

3) Bárbara Tinoco, con Antes Dela Dizer Que Sim

4) Cláudia Pascoal, con Viver

5) ELAS, con Eu Gosto de Ti

6) Isaura, con Uma Frase Não Faz A Canção

7) Miguel Araújo, con Talvez se eu Dançasse

8) Tiago Bettencourt, con Trégua

9) Tiago Nacarato | Paulinho Moska, con Sol De Inverno

10) Xutos & Pontapés, con Às vezes

Lembren as nosas recomendacións: 1º) ouvir (as veces que for necesario); 2º) pensar…; e 3º) votar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*