Vitor Inferno, de Satxa: “Por desgraza, en Portugal a maioría das bandas que tratamos cantan en inglés”

Tras unha etapa "de estilo máis duro" a banda recupera certas pingas de folk com o acordeón e a frauta

A formación musical galega Satxa celebra o décimo aniversario. Primeiro chamáronse “Satxa na leira”, despois pasaron por diferentes etapas e nestes últimos anos abandonaron a leira e pasaron a ser simplesmente “Satxa”. Con Vítor Inferno, un dos seus integrantes, falamos durante uns minutos na entrega 120 do noso programa:

Segundo Vítor Inferno, o estilo de Satxa está agora consolidado no punk-rock, mais tivo o punto de partida nun punk máis relacionado co folk, con moita gaita, acordeón e frauta. Tras eses inicios, pasaron por un momento máis duro e máis técnico para de novo recuperar a fusión co tradicional no último disco.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*