Programa 45: Rocío Castro Tarrío

 

 
A Casa das Crechas de Santiago de Compostela fai 30 anos. Música tradicional ao vivo é a clave deste lugar de referencia da noite compostelá… Logo de moitos artistas recollidos entre as súas paredes, chega a estas tres décadas cun programa de actos sen precedente, elaborado por Vizcaya Larios e Vítor Belho.

Abrindo boca cunha exposición de Banda Deseñada que conta a historia do local e de como se chegou a ese nome tan característico.

Un lugar para a diversidade onde soaron nomes como Luis Pastor, como Os Porcoteixos, como Aline Frazão, como António Zambujo nunha actuación moi especial para este trinta aniversario… Alguén que enche un Teatro Principal e que actuará para unhas 70 persoas na Casa das Crechas.

Un mes de eventos para homenaxear un dos lugares de referencia cultural en Compostela… E quen mellor para contalo que Rocío Castro. Aí vai a súa entrevista!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*