Ezetaerre: a música feita co criterio de “a arte pola idea”

Un dos integrantes, Juan Pirola, comentou a actualidade da banda no noso "Deixe falar"

Nacido en Euskadi, pasou un tempo en Ourense e agora vive na Coruña. É Juan Pirola, un dos integrantes de Ezetaerre, a banda que “reivindica a arte ao servizo das ideas”, impulsada por tres integrantes que se coñeceron nas aulas da Faculdade de Comunicación Audiovisual e nas loitas reivindicativas polas rúas de Compostela, da Coruña e doutras cidades.

A banda de hip-hop defínese como transversal na estética porque recolle influencias de diversos estilos de música, mais a temática está encamiñada a un obxectivo moi claro: a reivindicación de vida digna, con xustiza social. Música de intervención surxida nas marchas da dignidade, unha meta á que se chega con humildade e solidariedade.

Na nosa conversa falamos tamén da imaxe dos videoclips, reforzo da mensaxe das letras; da especialización de cada un dos integrantes nas tarefas do grupo; e fixemos repaso a cada un dos traballos discográficos.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*