Miguel Silva (“Aquel_e”), a vangarda “trash” que nos chega de Rianxo

"Non podemos estarnos rindo das nosas clases populares nun programa de TV. Temos que afastarnos do humor ridículo"

Miguel Silva, “Aquel_e”

“Aquel_e” é a maneira de identificarmos alguén de quen non coñecemos o nome. Como Miguel Silva non pensaba que a súa intervención artística a través do youtube fose ter moita notoriedade chamouse a si mesmo “Aquel_e” e agora é “Aquel_e artista que canta nun estilo e noutro, que danza e que partilla as súas reflexións a través dun canal de Youtube.

O artista procura un contido cultural de fácil consumo e por iso recoñece como fontes de inspiración aquel vello  Supermartes da TVG, a música de Ana Kiro e Andrés do Barro e incluso os Larpeiros de Benigno Campos. Os seus traballos como youtuber emerxeron á luz durante o proceso de realización do Traballo de Fin de Grao en Filoloxía na USC. A súa investigación sobre Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste permitiulle descubrir o perfil lúdico duns mozos hoxe considerados clásicos da nosa cultura.

Na súa conversa con Edilson Sanches Tavares e Isaura Varela Fidalgo falamos tamén da súa visión sobre o Luar da TVG (“Luar foi unha revolución para a nosa cultura. Téñolle un cariño enorme a ese programa”), da reivindicación da LGTBIP no seu traballo Orghullo de ser, feito en colaboración co Concello de Rianxo (“As mensaxes entran mellor con melodía”) e da necesaria reorientación da produción cultural en Galiza:

“Hai que mudar moitas cousas na cultura galega. Estamos a un grande nivel.  TEmos moi boa música, moi boa literatura… Mais temos que mudar a cultura pop. Hai que escapar do humor rancio e faltón tipo Landrober. Hai que quitarlle complexos á cultura pop. Na nosa lingua pódese facer calquera tipo de creación: do reguetón ao trap e non só rock, punk e rap. Hai que facer de todos os estilos.”

No capítulo das referencias, Aquel_e deixounos diversas suxetións, entre elas Youtubeiras e youtubeiros, Youtubeiras Rianxeiras,OlaxonmarioEira LosadaCorasón de churrascoBaiuca e Chicharrón,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*