Irma Macías: a nova voz de Luar na Lubre

Marco Pereira e Edilson Sanches conversaron con ela no "Deixe Falar"

Irma Macías nunha actuación con Luar na Lubre

Comeza o programa coa preocupación de Edilson Sanches Tavares, porque no momento da locución alterou as vogais e Vimianço foi transformado en *Viamanço.  Mais a preocupación do co-presentador durou pouco, porque nuns segundos comezou o recital de discurso espontáneo, próximo e cargado de moito cariño co que nos agasallou Irma Macías.

A nosa convidada evocou para nós as sensacións da primeira actuación con Luar na Lubre no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, onde cantou en solitario Fisterra: “Pasou un ano e lembro a emoción como se fose agora mesmo. Foi como cumprir un grande soño. Moito público. Moita xente da comarca. Poder cantar con Luar na Lubre, de quen levaba anos escoitando a súa música. Tanto que, de feito, medrei con ela. Musicalmente impresionábanme e humanamente tratáronme de dez”.

Mais no Deixe falar queríamos saber máis e para iso fomos á raíz e preguntamos por quen era Irma Macías antes de chegar a ser unha estrela mediática. Esta foi a resposta: “Irma Macías foi unha persoa namorada da música. Desde nena, participei nos festivais das escolas polas que pasei e tiven a sorte de que me convidasen a cantar en eventos do meu concello,  Vimianzo. A primeira vez que subín a un escenario para cantar “oficialmente” foi na Casa da Cultura de Vimianzo. Despois, con Joaquín Rama, que toca a guitarra, comecei a cantar nas igrexas…”.

Como sempre, temos un documento de extraordinario interese. Un programa coas mellores músicas e un moi agradábel momento de conversa. Boa escoita!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*