MAGÍN BLANCO

Programa 35
 

“Que é o Canta o cuco?” Pois Canta o cuco é un libro-cd que editou Galaxia a finais de 2015… E claro, este 2016 foi o ano no que as Letras Galegas se lle adicaron a Manuel María. E este libro recolle os seus poemas con música preparada por Magín Blanco e Uxía Senlle en terras.

Neste trixésimo quinto programa escoitamos a Magín Blanco falar do espectáculo que prepararon arredor desta obra, do público (cada vez máis pequeno) que se achega ás presentacións de libros para os meniños, da súa obra Gatuxo…
Uns minutos cheos de dozura e de alma burelá, porque Magín ten tamén unha boa relación co noso pobo e con Batuko Tabanka, agrupación ben, ben vinculada á nosa Silvera…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*