ANDRÉS FERNÁNDEZ

Programa 36

“En tempos de dificultade xorde a imaxinación, e a música é un vehículo tremendo para transmitir”, di Andrés Fernández cara o peche desta edición de Grandes Voces do Noso Mundo, este noso programa que tenta transmitir cada semana a boa saúde da que goza a música galega.
Andrés do Carballiño medrou escoitando os vinilos e cintas de cassette daquel movemento Voces Ceibes, e agora súmase a esas vellas reivindicacións ás que hai que sacar po, para mesturar temas seus, con cancións de Fuxan os Ventos, Suso Baamonde, poemas musicados por el como os de Victor Campio… 
Houbo tempo tamén para recordar neste programa o ano Manuel María, porque hoxe no Carballiño celébrase o festival organizado pola asociación cultural Avantar, no que poñerán o peche a este ano dedicado ao poeta e no que se atoparán artistas como Xosé Constenla, Anxo Blas, o Leo Arremacághona, e entre outros máis, o noso Andrés Fernández…
Falamos de moito máis, pero tedes que descubrilo vós! Deixámosvos con gusto esta nova edición do Grandes Voces:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*