SABELA MANEIRO

Programa 38

Feliz ano a todas e a todos!

O Grandes Voces do Noso Mundo presentou o seu primeiro programa deste ano 2017. A entrevista, desta volta, veu da man do noso Marco e a nosa Silvera, que tiveron a sorte de contar coa voz de Sabela Maneiro.

Tanxungueiras é un grupo musical formado por Aida, Olaia e Sabela. Tres pandereiteiras que renovaron a base tradicional da nosa música, e que para enriquecer aínda máis o seu son, xuntáronse con Cibrán (ao violín) e Rubén (ao acordeón). Tres mulleres que levan algo máis dun ano achegando máis vida ao mundo artístico da nosa Galiza. As palabras de Sabela deixáronnos con moitas ganas de coñecer máis, e é que este grupo, que naceu casualmente para un evento familiar, dará agora o salto e irá a Glasgow coa Banda das Crechas!

Escoitade, escoitade, que non ten perda… Só vos dicimos que o seu obxectivo primordial para este ano que entra (e para os que veñan) é pasalo ben sobre o escenario…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*