BRAIS MORÁN

Programa 39

“A cultura galego-portuguêsa bate de pertinho no coração”, di Brais Morán. É da Coruña e hai cousa de dous anos lanzou ao mercado Cruzando o Eclipse, un disco persoal co que iniciou a súa carreira en solitario, logo de ser cantante e guitarrista na banda funk Loretta Martín.
Toca algunha que outra vez co seu pai, e di que se cadra foi o medrar velo tocando o que o levou a encamiñarse por este mundo… Mais non só a el, a súa familia é unha familia-música. A súa avoa ensináballes sempre a cantar as cancións tradicionais. E como non ía ser así? Os Morán Fraga descenden de Pascual Veiga!
Os días tres e dezaoito de febreiro estará en Arteixo e na Coruña, cos acústicos dos seus temas. O próximo tres de marzo xa tocará coa banda, na Coruña tamén, onde rememorará temas de Narf, e moitos temas propios…
El é tamén… Ben, mellor escoitade a entrevista, e así coñecedes moito máis!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*