P82 desde Lisboa: Medalha pa nos Antonina.

 

Para o noso programa número 82 temos preparada unha edición única, cun equipo diferente e unha convidada moi especial. En colaboración co Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova de Lisboa e co Centro InterCulturaCidade, o Grandes Voces do Noso Mundo emite hoxe desde a capital Portuguesa. A convidada, Antonina Semedo, non precisa de presentación: é a grande matriarca da comunidade caboverdiana da Mariña e un exemplo de loita polo cultura de ambos os países. Comandan a nave Vera Rocha e David Fontán, no papel de locutores, e Gabriel André no apoio técnico. O programa contou coa cooperación do equipo habitual desde Burela, que tamén participou activamente no programa.

Tanto o Grandes Voces, como o CEG e o Centro InterCulturaCidade queren xuntarse á campaña desenvolvida por un conxunto de cidadáns e asociacións galegos para conseguir a concesión da Medalla Castelao á Antonina, unha distinción ben merecida.

Tanto o Grandes Vozes, como o CEG e o Centro InterCulturaCidade querem juntar-se à campanha desenvolvida por um conjunto de cidadãos e associações galegos para conseguir a concessão da Medalha Castelao à Antonina, uma distinção bem merecida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*