P80 – Alcides Lopes: Tchida Afrikanu.

Foto: Mindel Insite
Alcides Lopes, Tchida Afrikanu, sentiu a necesidade de afondar no coñecemento acumulado sobre a música nativa de Cabo Verde. No seu entender, eran necesarias novas lecturas antropológicas da música caboverdiana, mais realizadas por nativos das illas capaces de entender aqueles aspetos que foxen aos observadores estranxeiros. Foi ese idealismo que o levou a se especializar en antropoloxía musical, un traballo académico que produciu o seu primeiro froito co libro Os Tamboreiros da Ilha das Montanhas, publicado pola libraría Pedro Cardoso.
En 2017 gravou o primeiro disco, Reggae no Deserto, mais xa está a traballar en novos proxectos que poderemos ouvir (e ver) moi brevemente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*