P79 – Brais Morán: No Mato do desespero

Brais morán
Foto: Facebook do artista
No noso programa 79 estivemos co cantautor Brais Morán, vencedor do Premio Martín Códax 2018 na categoría Músicas do Mundo. O ourensán acaba de presentar No Mato do desespero, un disco cunha sonoridade diferente dos anteriores, que pretende prestar homenaxe ao poeta mozambicano José Craveirinha e ao músico galego Fran Pérez, Narf. A Morán, que xa entrevistáramos no noso programa nº 39, acompáñano neste disco Fran Sanz, Marcos Pazo e Manu Seoane; coa colaboración doutros artistas como as Tanxugueiras, Xiana Lastra, Uxía Pedreira, Patri Gamallo e Habelas Hainas.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*