P74 – A Banda da Loba, con Marcela Porto


 

Após ano e medio de vida, a Banda da Loba edita disco (Bailando as rúas) e irrompe con moitísima forza no noso panorama musical. O primeiro dos recoñecementos chégalles da orixinal iniciativa Arritmar, de Santiago de Compostela.

Da composición do grupo, do disco, das letras e das músicas e tamén da participación en certames como o Martin Codax falamos nesta entrevista con Marcela Porto.

 

Marcela Porto, de A Banda da Loba. Moi boa tarde!

Ola, moi boa tarde!

 

É un pracer poder falar contigo. Moitísimas grazas por atender a nosa chamada.

Grazas a vós por chamardes.

 

Antes de máis nada, parabéns por ese premio Aritmar que gañastes hai uns días en Santiago de Compostela.

A verdade é que estamos supercontentas por recibir este premio; tanto eu como o resto das compañeiras do grupo. Foi inesperado e estamos emocionadas porque foi o resultado da votación do público e iso significa que realmente están a gostar do noso traballo.

 

Que implica poder alcanzar ese premio?

En primeiro lugar, xa nin pensabamos que fósemos recibir ese premio. Xa o feito de estarmos nominadas foi sorprendente e parecíanos incríbel que estivese a acontecer. A Banda da Loba está moi contenta.

 

Iso chámase chegar e encher.

Podemos dicir que si, mais é un pracer e ainda non o cremos.

 

Desde cando existe A Banda da Loba?

A Banda da Loba xurdiu como tal hai un ano e medio, aproximadamente. Antes existiron algúns proxectos máis pequenos con tres das integrantes  actuais e, aos poucos, decidimos ir xuntándonos até sermos as 5 que somos agora. Hai un ano e medio comezamos a traballar no Bailando as Rúas, o disco que estamos a presentar e que presentamos no mes de decembro na sala Capitol.

 

Quen son as outras catro integrantes do quinteto?

Son Xiana Lastra (voz), unha muller incansábel e traballadora que está todos os días a traballar na produción e que realizou o deseño do CD, que é moi bonito (risos).

 

Dou fe, dou fe.

A continuación está Andre Porto, a miña irmá, que é a baixista e a mestra de cerimonias. A Andrea arranxa os temas e axuda a que todo teña unha unidade. Outra das integrantes é Estela Rodríguez, que ven de Gondomar e toca o violín no grupo. Ten unha formación máis clásica, mais o realmente incríbel é como é capaz de improvisar e de facer de cinco notas un solo e de ir conducindo o tema. A última integrante, xunto comigo, é a guitarrista Inés Mirás. É tamén a compositora do grupo, aínda que o somos todas, e ten influencias moi diversas, unha característica que nos axuda a crear un CD moi heteroxéneo, con cancións que van desde o rock até un valse moi lento,

 

Como foi a confluencia entre as integrantes de A Banda da Loba?

É complicado de explicar. Somos mulleres con moitas ideas na cabeza e foi complicado xuntarnos, mais como as casualidades nos levaron a traballar xuntas e como nos sentíamos moi confortábeis tocando, acabamos por facelo. Queríamos desenvolver este proxecto, un pouco novidoso, dado que se trata de algo propiamente noso e que sae de cada unha das cinco. No fondo, a confluencia foi por casualidade.

 

De onde viñades cada unha de vós?

Xiana está vinculada á música desde que é moi pequena e xa cantaba en Ferrol, nun coro chamado Ledicia. Posteriormente, decidiu profesionalizarse máis a pasou a formar parte de Odaiko, un grupo de percusión, e iniciou diversos proxectos, como Puntadas sen fío.

A miña irmá e máis eu crecemos no tradicional, aínda que tivemos moita formación clásica no conservatorio. Ambas estudamos Superior e tocamos tiversos instrumentos, por tanto o noso traballo tamén é un pouco heteroxéneo.

A Inés, como a estela, tamén estudou no corservatorio.

O carácter de A Banda da Loba ten que ver co feito de que estamos influenciadas por moitos estilos.

 

Marcela, boa tarde. Teño unha intriga: de onde saíu o nome do grupo?

A Banda da Loba recibe ese nome por Pepa a Loba. Éramos 5 mulleres á produra dun símbolo de indentitade feminino. Pensamos que a figura de Pepa a Loba está pouco explotada, pois trátase dunha muller que non fixo o que tiña que facer no seu tempo; é unha figura que se sitúa entre a lenda e a historia real. Temos un tema onde tantamos cotar a historia, a partir do que lemos e fomos investigando.

Somo A Banda da Loba porque todas temos ese carácter de bandoleiras e queremos demostrar que, como mulleres, compomos as nosas propias cancións e producimos os nosos propios discos.

 

Fálanos do Bailando as Rúas. Cantos temas ten?

Son 11 no total, moi diferentes todas entre si. Definimos todo como un caleidoscopio musical.

 

De que tratan as letras?

Todas teñen un fondo, Contamos historias como a de Pepa a Loba, a historia das persoas que viron como se inundaban as súas casas debido á construción dun encoro ou a dun neno con Síndrome de Dawn chamado Juanito.Temos tamén temas existenciais, como Bailano as Rúas. Sempre tentamos transmitir unha mensaxe por medio das cancións, sexan historias ou conceptos que debemos recordar na sociedade.

 

Quen as escribiu?

Hai cancións da nosa autoría, mais tamén roubamos letras a clásicos, como Rosalía ou Celso Emilio, e a poetas máis contemporáneas, como Celia Parra ou Rosalía Fernández Rial.

 

E as músicas?

As músicas son todas nosas. Roubamos algún texto, mais a música e moitos dos textos son da autoría da Banda da Loba.

 

Non chegamos a verbos en directo, mais as críticas xornalísticas son magnícas. Cóntanos onde o presentástedes e cal foi a acollidade que tibo

Xa demos varios concertos antes de chegar, mais foi no mes de decembro, na Sala Capitol. Foi o momento de dicir: aquí chegamos e imos comezar a xira. Ficamos moi contentas, porque foi nunha ponde e tiñamos medo a que a xente fose de viaxe, mais non: a Capitol estaba chea e non o podíamos cres. Subir a un escenario e ver a sala chea é unha satisfacción enorme, mais ver que o público canta e baila os temas é unha satisfacción aínda maior,

 

Acabades de editar este disco con moito éxito, de gañar o premio Aritmar e agora estades nominados para os Martín Códax.

Non o cremos aínda. Foi un traballo que fixemos con moito mimo e esta acollida do público foi expectacular. Nunca imaxinei verme con vinte anos e que a xente cantase as nosas cancións. Penso que ningunha das cinco esperaba che chegase a este nivel.

 

Gústame isto, “unha pasada”, estou de acordo. Dinos unha cousa: tirades a gañar ou non?

A verdade é que non. O éxito foi inesperado e obviamente o que queríamos era ensinar o noso traballo á xente. Nunca pensamos en chegar a “ambalar” desta maneira.

 

En que categorias competides?

Nos Martín Códax, os participantes poden inscribirse eles mesmos nunha serie de categorías. Dado que escribimos as nosas propias letras, pensamos que Cancion de autor sería a categoría máis adecuada.

 

Como está o panorama desta categoría? Difícil?

O mellor destes premios é que xuntan todos os músicos galegos e permite ver a calidade que hai en Galiza. O nivel sempre é alto, ou polo menos penso que podemos estar orgullosos de todos os músicos que están inscritos nese certame. Non é unha competición, senón unha oportunidade para nos xuntarmos todos. Está ben que haxa nominamos e premios, mais principal é reunírmonos.

 

Supoño que ves que os premios Martín Códax son tamén unha excelente iniciativa e unha boa catapulta para dar a coñecer os grupos galegos.

É unha ferramenta moi necesaria no día de hoxe. Moitas veces afírmase que é moi complicado triunfar na propia terra e eu penso que este tipo de iniciativas son moi importantes para xuntar e valorar a nosa música. Non só se fai música tradicional; hai un monte de xente con novidades e con moito talento que traballa con moitos estilos diferentes en Galiza.

 

Aínda non vos puidemos ver en directo. Onde estaredes nos próximos meses?

Este venres 13 estaremos en Melide. No sábado tocamos na entrega dos Premios Galaxia en Vigo. No 27 estaremos en Lugo, no Lubicán, e no 28 no Var con Uve de Moaña. Todos os concertos están no noso web e xa estamos collendo concertos para o verán; imos ter bastante movemento. Un concerto moi importante é o do día 25 de maio, en Ferrol. Imos fechar a xira e facer un concerto como o da Capitol, mais con máis sorpresas e coas poetas que vos contei como convidadas, Celia Parra e Rosalía Fernández Rial, alén de colaboracións do CD, como as Tanxugueiras. Este concerto vai ser moi especial.

 

Coa tua licenza, permíteme recordar os seguintes: 27 de abril en Lugo, máis próximo a nós, e 25 de maio en Ferrol, nesa fin de xira coas autoras de varias das letras como convidadas. Marcela Porto, foi un pracer falar contigo.

Grazas a vós.

 

Transmite o noso saúdo a todas as integrantes da banda. Adiante coa música e moi boa tarde.

Moitas grazas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*